Benvido/a ó servizo de transporte público de Galicia.
Nesta páxina web podes atopar as diferentes rutas e horarios que xestionamos, principalmente das provincias de Ourense e o Sur de Lugo.
NOVAS
MEDIDAS DE PREVENCIÓN ANTE O COVID-19
Disposición 6449 do BOE núm. 94 de 2022 Mércores 20 de abril de 2022
Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de mascarillas durante a situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19
Artigo único. Modificación dos supostos de obrigatoriedade do uso de mascarillas
durante a situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.
A obriga de uso de mascarillas, ata agora regulada no Real Decreto 115/2022, de 8 de febrero, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de mascarillas durante a situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, disposta nos apartados 1 e 2 do artigo 6 da Lei 2/2021, de 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, queda establecida no sucesivo nos seguintes termos:
- As persoas de seis anos en adiante quedan obrigadas ó uso de mascarillas nos seguintes supostos:
a) Nos centros, servizos e establecementos sanitarios según o establecido no Real Decreto 1277/2003, de 10 de octubre, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios, por parte das persoas traballadoras, dos visitantes e dos pacientes con excepción das persoas ingresadas cando permanezan na súa habitación.
b) Nos centros sociosanitarios, os traballadores e os visitantes cando estén en zonas compartidas.
c) Nos medios de transporte aéreo, por ferrocarril ou por cable e nos autobuses, así coma nos transportes públicos de viaxeiros. Nos espazos cerrados de buques e embarcacións nos que non sexa posible manter a distancia de 1,5 metros, salvo nos camarotes, cando sexan compartidos por núcleos de conviventes. BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO Núm. 94 Miércoles 20 de abril de 2022 Sec. I. Pág. 53731 cve: BOE-A-2022-6449 Verificable en https://www.boe.es
2. A obriga contida no apartado anterior non será exixible nos seguintes supostos:
a) Ás persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poda verse agravada polo uso da mascarilla ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a mascarilla ou ben presenten alteracións de conducta que fagan inviable o seu uso.
b) No caso de que, pola propia natureza das actividades, o uso da
mascarilla resulte incompatible, con arreglo ás indicacións das autoridades
sanitarias.